Terapia psicolóxica en Lugo
En que che podo axudar? Se o malestar psicolóxico está a durar máis do que che gustaría e/ou te limita nunha ou varias áreas da túa vida e estás tendo dificultades para afrontalo, permítete pedir axuda: merecerá a pena.
Ansiedade
Preocupación constante, tensión, nerviosismo ou medo que comezan a condicionar o teu día a día. Na terapia exploramos que mantén ese malestar e como afrontalo doutra maneira.
Depresión
Estado de ánimo baixo, desmotivación, cansazo ou perda de interese sostidos no tempo. Un espazo para entender o que che está a ocorrer e acompañarte no proceso.
Procesos de duelo
Acompañamento nos procesos de duelo, sexa cal sexa a perda:
- Duelo por falecemento
- Duelo por enfermidade
- Duelo por ruptura de parella/outras relacións
- Duelo perinatal
- Duelo por suicidio
Trauma e apego. Terapia EMDR en Lugo.
As experiencias vividas e os vínculos que construíches inflúen na túa maneira de sentir, relacionarte e afrontar as dificultades actuais. Traballo desde unha mirada sensible ao trauma e ao apego, con EMDR como ferramenta terapéutica.
Regulación emocional
Entender o que sentes e aprender a regulalo, sen negar ningunha emoción.
Autoestima
A relación que tes contigo mesmo/a: como te falas, como te miras e que lugar te dás.
Psicoloxía perinatal
Acompañamento nas experiencias emocionais e nos cambios que poden xurdir durante o embarazo, o posparto e a transición á maternidade e á paternidade.
Terapia tamén para medrar, non só para o malestar
- Para xestionar o cambio de forma adaptativa
- Tomar decisións
- Mellorar habilidades sociais – Asertividade
- Autocoñecemento e desenvolvemento persoal
Modalidades
- Terapia individual
- Presencial e en liña
- Adultos e adolescentes
Coñece a miña formación e como traballo
Cada caso é único, así que podes contactarme e vemos conxuntamente se che podo axudar.
Dúbidas
Preguntas frecuentes
O que máis me preguntan antes da primeira cita.
¿Como pido a primeira cita?
Podes escribirme por WhatsApp ou teléfono ao 613524427, enviarme un email a lfr.psicologa@gmail.com ou usar o formulario de contacto. Atendo só con cita previa e confírmoche día e hora.
¿Atendes presencialmente e en liña?
Si. Podo acompañarte no meu despacho de Avenida da Coruña, 1, 1C (27003 Lugo) ou en terapia en liña, segundo che conveña mellor.
¿Con quen traballas?
Traballo de xeito individual con adolescentes e adultos.
¿Por que motivos se pode pedir terapia?
Ansiedade, depresión, procesos de duelo (incluído o duelo perinatal), trauma e apego, regulación emocional, autoestima e psicoloxía perinatal. Tamén para xestionar cambios, tomar decisións ou mellorar habilidades sociais.
¿Que significa que sexas psicóloga sanitaria?
Son psicóloga sanitaria, colexiada nº G-5670 e con número de rexistro sanitario C-27-001539. Estudei Psicoloxía e o Máster en Psicoloxía Xeral Sanitaria na Universidade Complutense de Madrid.
¿Que fago se preciso atención urxente?
Se estás nunha situación urxente, non esperes a unha cita: chama ao 024 (conduta suicida) ou ao 112 (urxencias).
