Símbolo de Lucía Fernández Riesco

Lucía Fernández Riesco

PSICÓLOGA SANITARIA

Psicóloga sanitaria · Lugo

Lucía Fernández Riesco

Psicoterapia con adultos e adolescentes. Presencial en Lugo e en liña.

  • Col. G-5670
  • NRS C-27-001539
  • Atención só con cita previa
Lucía Fernández Riesco, psicóloga sanitaria en Lugo

Sobre min

Son Lucía, psicóloga sanitaria, con experiencia en psicoterapia con adultos e poboación infanto-xuvenil.

Para min, a terapia é un proceso de cambio e crecemento: un tempo para parar, mirar para dentro, escoitarte e comprender mellor o que estás a vivir.

Na terapia podes atopar un espazo seguro, onde sentirte escoitado/a e comprendido/a, con atención aos teus ritmos e ás túas necesidades. Un espazo onde poder SER, libre de xuízos.

«Cuando ya no podemos cambiar una situación, tenemos el desafío de cambiarnos a nosotros mismos».

— Viktor Frankl

Coñece máis sobre min

Terapia

En que che podo axudar?

Estes son algúns dos motivos de consulta máis frecuentes. Se o teu non aparece, escríbeme: cada caso é único.

  • Ansiedade

    Preocupación constante, tensión, nerviosismo ou medo que comezan a condicionar o teu día a día. Na terapia exploramos que mantén ese malestar e como afrontalo doutra maneira.

    Saber máis sobre ansiedade
  • Depresión

    Estado de ánimo baixo, desmotivación, cansazo ou perda de interese sostidos no tempo. Un espazo para entender o que che está a ocorrer e acompañarte no proceso.

    Saber máis sobre depresión
  • Duelo

    Acompañamento en perdas e nos procesos de duelo, incluído o duelo perinatal.

    Saber máis sobre duelo
  • Trauma e apego

    As experiencias vividas e os vínculos que construíches inflúen na túa maneira de sentir, relacionarte e afrontar as dificultades actuais. Traballo desde unha mirada sensible ao trauma e ao apego, con EMDR como ferramenta terapéutica.

    Saber máis sobre trauma e apego
  • Regulación emocional

    Entender o que sentes e aprender a regulalo, sen negar ningunha emoción.

    Saber máis sobre regulación emocional
  • Autoestima

    A relación que tes contigo mesmo/a: como te falas, como te miras e que lugar te dás.

    Saber máis sobre autoestima
  • Psicoloxía perinatal

    Acompañamento nas experiencias emocionais e nos cambios que poden xurdir durante o embarazo, o posparto e a transición á maternidade e á paternidade.

    Saber máis sobre psicoloxía perinatal
  • Non sabes por onde comezar?

    Cada caso é único. Escríbeme e vemos conxuntamente se che podo axudar.

    Falemos

"No podemos cambiar nuestro pasado, pero podemos cambiar el significado que le damos"

— Bessel van der Kolk

Horario e enderezo

  • De luns a venres, das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00. Só con cita previa.
  • Avenida da Coruña, 1, 1C · 27003 Lugo
Como chegar (ábrese nunha xanela nova)

Primeiro paso

Pide cita

Cada caso é único, así que podes contactarme e vemos conxuntamente se che podo axudar.

Configurar cookies

Escolle que cookies permites. Podes cambiar a túa elección en calquera momento desde a política de cookies.

Gardan a túa elección sobre as cookies neste navegador. Sempre activas.

Permiten amosar o mapa da consulta na páxina de contacto. Google instala as súas propias cookies.